jueves, 26 de marzo de 2015

Os muíños

Os muíños
En canduaS

MUÍÑO NOVO








 MUÍÑO CANCELA




MUÍÑO FERREIRO



A auga entraba pola canle canalizada e no cubo.
Canto máis grande fora o cubo con máis forza
Xiraba o rudicio.




Antigamente era un lugar de diversión para a mocidade.
As parellas de noivos, debullaban o millo no muíño, cos cadolos facían un lume,
e amasaban unha bola, envolvíana nunha folla de repolo ou berza e logo alí mesmo
cocíana, así pasaban a noite enteira moceando, de ven a canción “ Unha noite no

Muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira, eso si que é muíñada.”


MUÍÑO CORTEDUIROS


Turnos: Os muíños eran construídos entre varias familias. E logo repartíanse os turnos en pezas ( medida de tempo) cada duraba 12 horas.
O muíño repartíase en 14 pezas. Cada familia tiña asinada unha peza, pero había quen tiña 2 ou 3 pezas, según foran as tenencias.
Cando o muíño tiña algunha avería ou problema, encargábase un señor de arreglalo, cada familia pagáballe un ferrado de millo que pesaba 16 kg.
O muíño de inverno moía mellor ca de vran, xa que o río levaba máis auga. Tiña dúas billas (grifos): Unha de inverno e outra de vran. A billa do inverno tiña
máis pase ca do vran e moía máis rápido, pero tamén se atascaba máis.
No muíño de Taboido, que é o que está máis preto da Ribeira, cando a marea subía moito, chegaba a imbadir o rudício, e non o deixaba xirar.


MUÍÑO DO TARRULO 



Este muíño é privado, pertence a casa dos meus bisavós.


No hay comentarios:

Publicar un comentario