jueves, 19 de febrero de 2015

Benvida

BENVIDOS AO BLOGUE PROXECTA CABANA



Desde o CPI As Revoltas, estamos a iniciar unha nova experiencia educativa enmarcada dentro do Plan Proxecta. Está relacionada coa paisaxe  e a sustentabilidade e leva por título "A riqueza patrimonial e pasaxística de Cabana de Bergantiños".

Esta será unha proposta didáctica de revalorización do patrimonio paisaxístico que temos hoxe e que tivemos no pasado na nosa contorna, e que permitirá ao conxunto da comunidade educativa a identificación, valoración e difusión dos valores naturais e culturais asociados ao medio no que nos desenvolvemos.

Trataremos de que sexa o propio alumnado o encargado de concretar as actuacións, sempre que estas estean relacionadas co coñecemento, valoración e respecto a paisaxe e a cultura do lugar onde viven, e de promover a reflexión crítica sobre as actuacións das persoas sobre a paisaxe.

Animamos a toda a comunidade educativa, en especial ás familias, a colaborar dun xeito activo nesta experiencia.

Axiña poderedes seguir neste blogue as actividades que estamos a desenvolver.