jueves, 26 de marzo de 2015

Os muíños

Os muíños
En canduaS

MUÍÑO NOVO








 MUÍÑO CANCELA




MUÍÑO FERREIRO



A auga entraba pola canle canalizada e no cubo.
Canto máis grande fora o cubo con máis forza
Xiraba o rudicio.




Antigamente era un lugar de diversión para a mocidade.
As parellas de noivos, debullaban o millo no muíño, cos cadolos facían un lume,
e amasaban unha bola, envolvíana nunha folla de repolo ou berza e logo alí mesmo
cocíana, así pasaban a noite enteira moceando, de ven a canción “ Unha noite no

Muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira, eso si que é muíñada.”


MUÍÑO CORTEDUIROS


Turnos: Os muíños eran construídos entre varias familias. E logo repartíanse os turnos en pezas ( medida de tempo) cada duraba 12 horas.
O muíño repartíase en 14 pezas. Cada familia tiña asinada unha peza, pero había quen tiña 2 ou 3 pezas, según foran as tenencias.
Cando o muíño tiña algunha avería ou problema, encargábase un señor de arreglalo, cada familia pagáballe un ferrado de millo que pesaba 16 kg.
O muíño de inverno moía mellor ca de vran, xa que o río levaba máis auga. Tiña dúas billas (grifos): Unha de inverno e outra de vran. A billa do inverno tiña
máis pase ca do vran e moía máis rápido, pero tamén se atascaba máis.
No muíño de Taboido, que é o que está máis preto da Ribeira, cando a marea subía moito, chegaba a imbadir o rudício, e non o deixaba xirar.


MUÍÑO DO TARRULO 



Este muíño é privado, pertence a casa dos meus bisavós.


martes, 24 de marzo de 2015

Como son os muíños?



Como son os muíños?









Muíno de Ferreiro.
Este muíño está en Canduas, Cabana de Bergantiños, no rego dos muíños.
É uns dos poucos que aínda conserva todas as pezas e está en funcionamento.

Partes do muíño.


POUSAFOLES
Ista parte é o pousafoles. Cando a xente ía ao muíño, apousaban o saco donde traían o millo ou trigo a moer.




 CAPA E PÉ DUN MUÍÑO.
Estas dúas pedras eran as que moían o gran. A parte de arriba chamáse capa, e a parte de abaixo coñécese como .




RODICIO
Ista parte está abaixo do muíño. A auga faina virar e isto provoca que se mova o muíño e así se moa o gran.




CUBO
Cubo: parte por donde entra a auga ao muíño.


Lugar donde cae a auga da canle.



CANLE
Ista canle rompeu e por iso a auga non chega ata o muíño.


Ista canle en cambio está en bo estado.



GRADISENLA
Aquí está taponada e a auga non pode pasar.


Aquí xa está limpa e por iso xa  corre.



PÉ DA CANLE.
Así se aguanta a canle.

DESVÍO
Pedra que se poñía para desviar a auga según o caudal do río.