BENVIDOS AO BLOGUE PROXECTA CABANA
Desde o CPI As Revoltas, estamos a iniciar unha nova experiencia educativa enmarcada dentro do Plan Proxecta. Está relacionada coa paisaxe e a sustentabilidade e leva por título "A riqueza patrimonial e pasaxística de Cabana de Bergantiños".
Esta será unha proposta didáctica de revalorización do patrimonio paisaxístico que temos hoxe e que tivemos no pasado na nosa contorna, e que permitirá ao conxunto da comunidade educativa a identificación, valoración e difusión dos valores naturais e culturais asociados ao medio no que nos desenvolvemos.
Trataremos de que sexa o propio alumnado o encargado de concretar as actuacións, sempre que estas estean relacionadas co coñecemento, valoración e respecto a paisaxe e a cultura do lugar onde viven, e de promover a reflexión crítica sobre as actuacións das persoas sobre a paisaxe.
Animamos a toda a comunidade educativa, en especial ás familias, a colaborar dun xeito activo nesta experiencia.
Axiña poderedes seguir neste blogue as actividades que estamos a desenvolver.