A XOGAR!!!!
lunes, 11 de mayo de 2015
O xogo dos muíños
Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria idearon un xogo coa temática dos muíños. As normas son similares ao xogo da oca. Animádevos a xogar con nós e poñede a proba os vosos coñecementos sobre os muíños. Aquí vos deixo algunhas fotos.
A XOGAR!!!!
A XOGAR!!!!
lunes, 27 de abril de 2015
Durante a ruta... unha de cantigas populares!
Durante a saída ó rego dos muíños demos con este letreiro con coplas de cantigas populares que fan alusión aos muíños. Algunhas xa as coñecíamos grazas ás gravacións dos informantes que nos mandáchedes, e as outras incorporarémolas ao noso repertorio.
En breve publicaremos os audios que gravamos na clase para que podades disfrutar das cantigas que aprenderon os alumnos e alumnas. Estade atentos!!!
En breve publicaremos os audios que gravamos na clase para que podades disfrutar das cantigas que aprenderon os alumnos e alumnas. Estade atentos!!!
domingo, 26 de abril de 2015
Saída ó Rego dos Muíños
Este martes, en relación co Plan Proxecta, saímos ó Rego dos Muíños.
Vimos cómo funciona un muíño, as partes que ten...
Demos
un pequeno paseo, repuxemos forzas cunha saborosa merenda e acabamos a
saída coas actuacións d@s nen@s do colexio, que interpretaron cantigas,
acompañad@s polo mestre Martín, que tocou a gaita e a pandeireta.
Pasámolo moi ben!!!
Pasámolo moi ben!!!
Saída ao Rego dos muíños (21 de abril).
Este martes disfrutamos dun percorrido polas
terras de Borneiro a Canduas cruzando o sendeiro do Rego dos Muíños. Comezamos
na parte alta e mentres camiñabamos
entre aquela marabillosa paisaxe iamos poñendo un letreiro co nome dos muíños
para que todos os camiñantes os coñezan.
Aquí tendes ao alumnado de sexto, en pleno
esforzo de colocación de cartelas:
Muíño de Daniel
Muíño de Chaparro
Muíño de Generosa
Muíño de Vidreiro
Muíño de Leiro
Muíño de Jorge e Plaia
Muíño Vello
Muíño de Marroco
Muíño de Loureiro
Muíño de Bellotas
Muíño de Mouzo
Muíño de Tras dos Ríos
Muíño de Brañeira
Muíño de Ferreiro
Case ao remate da nosa camiñada, visitamos o
Muíño de Ferreiro, un dos poucos que aínda lles funciona a súa maquinaria, a
pesar de que durante moitos anos moeu día e noite. O seu dono, moi amablemente
explicounos como traballa e as partes que o compoñen.
Ollade este vídeo:
Unha mañá tan estupenda non podía rematar
doutro xeito que facendo unha festiña. Todos os cursos prepararon co mestre de
música unhas coplas alusivas aos muíños e uns bailes. Que ben o pasamos ao son da pandeireta e da
gaita!
Mirade que artistas!
martes, 14 de abril de 2015
Unha regueifa...
Un dos xéneros da música tradicional con máis arraigo nesta zona son as regueifas. Trátanse de cantares de desafíos sobre unha melodía de alalá pero con diferentes letras, a miúdo con contidos burlescos ou de mofa. Nas regueifas unha persoa canta contra outra. Eran comúns nas vodas e ás veces tamén se disputaban no baile (danza da regueifa ou molete) onde a muller bailaba cun bolo de pan sobre a testa.
Esta é unha regueifa recollida no voso concello:
Esta é unha regueifa recollida no voso concello:
A regheifa está na mesa.
Era de pan barolento.
Ronda, queridiña, ronda
Ronda que pérde-lo tempo.
A regheifa está na mesa.
Era de pan barutado
que o barutou a novia
coas caínzas do carro.
A regheifa é bonita.
Era de pan de senteo.
O muíño que a muíu
non ten rodisio nin beo.
jueves, 9 de abril de 2015
Unha noite no muíño,
outra na pedra do lar,
esta vida miña soghra
eu non a podo levar.
Xa te andabas alabando
polos muíños moendo.
que te casabas comigo,
eso si, onde eu morrendo.
Entrar mozos para adentro
que fóra vai moito frío.
Teño medo que vos caia
o pelico do recío.
A muiñeira riscada,
a muiñeira riscada,
non hai cousa máis bonita
que baila-la puntiada.
outra na pedra do lar,
esta vida miña soghra
eu non a podo levar.
Xa te andabas alabando
polos muíños moendo.
que te casabas comigo,
eso si, onde eu morrendo.
Entrar mozos para adentro
que fóra vai moito frío.
Teño medo que vos caia
o pelico do recío.
A muiñeira riscada,
a muiñeira riscada,
non hai cousa máis bonita
que baila-la puntiada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













